Novas
Información detallada dos espectáculos en repertorio
Enviado por Isabel en Lun, 17/09/2007 - 21:22.Espectáculos a vosa disposición para á tempada 2010
»
- Engadir novo comentario.
- 593 lecturas
- Español
A Compañía
Enviado por Isabel en Ven, 17/08/2007 - 01:19.Kukas Produccións Artísticas S.L. é unha empresa adicada o deseño e realización de escenografías, atrezzos, figurinos, carteles e programas, máscaras, cabezudos e marionetas para teatro, cine e televisión. Baixo a marca Os Monicreques de Kukas produce e distribúe espectáculos de teatro con actores e monicreques.
»
- Engadir novo comentario.
- 1110 lecturas
- Español
Este ano desexamos que o próximo 2010 sexa ventureiro
Enviado por Isabel en Mér, 23/12/2009 - 13:39.
»
- 51 lecturas
Próxima estrea da obra O CASTELO DA ROCHA VELLA
Enviado por Isabel en Sáb, 29/08/2009 - 20:25.
No vindeiro mes de outubro estrearemos en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección musical de Maximino Zumalave, O Castelo da Rocha vella baseado nun conto escrito polo doutor Don Luciano García Alén e con música composta polo mestre Amador Santos Bartolomé.
Na posta en escena participan baixo a dirección de Marcelino de Santiago, Raquel Queizas como narradora e Borja Insua, Alberte Viveiro e Isabel Rey xunto ao propio Kukas como marionetistas. Da parte técnica encargase Fili Cabaleiro. As marionetas e escenografía foron construídas por Kukas, Seara e Isabel Rey.
Os concertos serán na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia os días 21,22 e 23 de outubro en sesións matinais dirixidos a escolares e o sábado 24 de outubro ás 19,00 para público familiar.
»
- Engadir novo comentario.
- 83 lecturas
Camiñaron connosco
Enviado por Isabel en Mér, 01/04/2009 - 13:08.Grazas a todos colegas, compañeiros, amigos, institucións e público en xeral que dun ou doutro xeito tedes colaborado connosco nestes anos porque sen vos non tería sido posible a nosa andaina.
Kukas e Isabel
»
- 39 lecturas
Máscaras para o Festival de Mérida
Enviado por Isabel en Mar, 31/03/2009 - 14:26.
Un ano máis Kukas Producións Artísticas colabora coa compañía de teatro Guirigai na elaboración das máscaras e atrezzo do seu último espectáculo, O Satiricón , dirixido por Agustín Iglesias, nunha producción de Guirigai para o Festival de Teatro de Mérida.
»
- Engadir novo comentario.
- 49 lecturas
TITIRICUENCA homenaxeou a Kukas e Isabel Rey
Enviado por Isabel en Lun, 09/02/2009 - 19:39.Kukas e Isabel Rey forón homenaxeados xunto a Felipe Orduño de Euskadi no Encontro con Titiriteiros que se celebrarón os días 13 e 14 de xuño do 2009 dentro das actividades programadas no Festival de Títeres TITIRICUENCA,
Dende esta páxina queremos agradecer a Unima de Castilla la Mancha e o seu presidente Angel Suarez Herranz e a organización de TITIRICUENCA por este recoñecemento ó noso traballo ó longo de todos este anos.
Grazas.
»
- 63 lecturas
30 Aniversario
Enviado por Isabel en Lun, 09/02/2009 - 18:59.Neste ano 2009 queremos compartir con todos os amigos, colegas e afeccionados ó teatro de monicreques o trinta aniversario da creación da nosa compañía.
Un 4 de marzo do ano 1979 5 amigos, Rosa e Isabel Rey, Jacobo Remuñan, Xosé M. Botana e Marcelino de Santiago “Kukas”, presentan por primeira vez a obra Fabanola e o Televexo na Feira do queixo de Arzúa que supón o comezo do teatro de títeres contemporáneo en Galicia.
Ler máis...»
- 2 comentarios
- 86 lecturas
Unidades didácticas de Sen Título 4x8x6
Enviado por Isabel en Sáb, 19/07/2008 - 00:04.
Poñemos a disposición dos centros escolares interesados as unidades didácticadas dirixidas ós escolares de Primaria e de ESO en documentos PDF adxuntos.
»
- Engadir novo comentario.
- 88 lecturas
No FETEN dixeron de .....Sen Título 4x8x6
Enviado por Isabel en Mar, 11/03/2008 - 23:47.Marcelino de Santiago, más conocido como Kukas, es uno de estos personajes singulares de la rica Galicia y en concreto de Santiago de Compostela. Artista polifacético, pintor-escultor- fotografo - marionetista, introdujo todos estos elementos en un espectáculo, Sin titulo 4x8x6 (técnica mixta sobre escenario) sobre el proceso de creación interpretado por el mismo ayudado por tres actores-manipuladores. Os Monicreques de Kukas, alterna tópicos con ideas originales en un espectáculo indiscutiblemente vistoso y rico visualmente y divertido y didáctico.
Ferran Baile en cyberpadres.com (marzo 2008)
»
- Engadir novo comentario.
- 278 lecturas
- Español

Comentarios recentes
hace 23 semanas 4 días
hace 49 semanas 1 día
hace 49 semanas 3 días
hace 1 ano 4 semanas
hace 1 ano 6 semanas