Espectáculos en repertorio 2010

 

 

 

 

 

 






Campaña de consumo responsable

Campaña dirixida ao público escolar que inclúe 4 representacións na mesma semana da obra Un agasallo para Xaquín, un espectáculo creado a proposta do Instituto Galego de Consumo e que trata temas educativos de carácter transversal como a alimentación saudable e a prevención da obesidade infantil, os hábitos de consumo responsable e a socialización mediante o xogo colectivo. 4.300 €

Un agasallo para Xaquín

Espectáculo dirixido ó publico infantil e familiar,  e no que se conta a historia de Xaquín un neno consumista e solitario que só se alimenta so de larpeiradas ata que no día do seu aniversario vive un pesadelo que lle fará reflexionar sobre a súa actitude cambiando os seus hábitos de consumo.1.500 €

Contos do Vento acatarrado

Espectáculo dirixido ó publico infantil e familiar que mestura actores e marionetas, e que dunha maneira sinxela e divertida achega ó espectador temas de interese social como o pacifismo, a ecoloxía e o respecto polo entorno natural, a solidariedade e o valor da amizade.

1.500 €

O castelo da Rocha Vella

Espectáculo musical cunha introdución cómico didáctica a cargo de 5 actores que introducen aos rapaces na ciencia da arqueoloxía e no coñecemento dos instrumentos que forman unha orquestra e que da paso a narración musicada e representada con monicreques do conto que relata a historia de tres amigos, un can, unha toupa e un corvo que nos descobren dun xeito sinxelo e adaptado para ós máis pequenos a historia de Compostela, do Camiño de Santiago, das loitas Irmandiñas e das lendas do castelo da Rocha Vella. Interpretada con actores, monicreques e a orquestra de cámara Camerata Quiodi. 5.500 €

Sen Título 4x8x6 (técnica mixta sobre escenario)

Espectáculo de gran formato dirixido a tódolos públicos co que queremos transmitir e amosar a maxia da creación artística conxugando as marionetas - esculturas, a acción de pintar en directo, a informática, o vídeo, a poesía, e a música dun xeito sutil, sinxelo e divertido. De xeito imaxinativo e poético pretendemos que os rapaces se acheguen a ese momento máxico no que o artista se enfronta ó papel en branco, o lenzo baleiro, ese momento no que as ideas xorden, as veces buscadas, as veces de súpeto, e que se mesturan, veñen e van, aparecen e desaparecen, e van conformando unha obra de Arte. 2.500 € 

7 Contos Capitais (Historias para pícaros adultos)  

Tomando como pretexto a representación dos sete pecados capitais a cargo dos artistas – marionetas do Centro Traumático Galego Gaiteiro de Monicreques vanse desenrolando diferentes historias dirixidas ó público adulto que mesturan a realidade da propia compañía teatral de marionetas coa representación irónica, divertida, crítica e irreverente que fan dos pecados capitais para rematar cunha pequena homenaxe ó poeta Curros Enríquez. Todo un elenco de artistas de cartón pedra e madeira mostraran a súa faceta máis expresionista para divertirnos co seu sarcasmo e retranca.2.500 €