30 Aniversario

Neste ano 2009 queremos compartir con todos os amigos, colegas e afeccionados ó teatro de monicreques o trinta aniversario da creación da nosa compañía.                                                             

Un  4 de marzo do ano 1979  5 amigos, Rosa e Isabel Rey, Jacobo Remuñan, Xosé M. Botana e Marcelino de Santiago “Kukas”, presentan por primeira vez a obra  Fabanola e o Televexo na Feira do queixo de Arzúa que supón o comezo do teatro de títeres contemporáneo en Galicia.                                               

30 anos de traballo, creación, investigación, diversión, moitos esforzos, alegrías e algún desgusto, aplausos, reivindicacións, risas e imaxinación, en definitiva contribuíndo a estabilización e dignificación da lingua galega e do teatro de marionetas en Galicia, xunto a compañeiros e compañías como Viravolta, Crica, Picapolaina, Trécola, Tanxarina, Titiriti, Spaguetti, Sapoconcho, Papaventos, Teatro das Catro Artes, Matarile, Danthea, Falcatrúa, Fabanola, Cachirulo, Teatro do Dragó, Birimbau, Z-zepelin, Seisdedos, Títeres Gualtrapas, Teatro da Mallante,Trompicallo, Buratini, Artello Teatro alla Scalla, Tres Globos e mais recentemente Caramuxo, Tirititempo, Galitoon, Cascanueces, Tarabuleque, Teatro do Liló, Babaluva ou Títeres Alakrán e moitos mais que están comezando hoxe en día a súa andaina como a Xanela do Maxín ou Titirimaña.

 

 

 

 

Muitas grazas por tan

Muitas grazas por tan dignísimo traballo cultural. Algo que merece muitísima mais atención, en especial por parte dos poderes públicos. Que menos que un "Museu-Universidade" adicado a seguir divulgando, investigando, ensinando e divertindo, e nun fermoso edifício.
Jurjo Torres

I eu que o vin.

Dou fe, eu acho moi certo todo o exposto, eu estaba la e paseino moi ben, comin queixo e mel sin me dar conta de estar a facer historia. ¡Trinta anos mais para fornecer e fornicar!