Novas

Información detallada dos espectáculos en repertorio

Espectáculos a vosa disposición para á tempada 2010

A Compañía

Kukas Produccións Artísticas S.L. é unha empresa adicada o deseño e realización de escenografías, atrezzos, figurinos, carteles e programas, máscaras, cabezudos e marionetas para teatro, cine e televisión. Baixo a marca Os Monicreques de Kukas produce e distribúe espectáculos de teatro con actores e monicreques.

Este ano desexamos que o próximo 2010 sexa ventureiro

Próxima estrea da obra O CASTELO DA ROCHA VELLA

No vindeiro mes de outubro estrearemos en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección musical de Maximino Zumalave, O Castelo da Rocha vella baseado nun conto escrito polo doutor Don Luciano García Alén e con música composta polo mestre Amador Santos Bartolomé.

Na posta en escena participan baixo a dirección de Marcelino de Santiago, Raquel Queizas como narradora e Borja Insua, Alberte Viveiro e Isabel Rey xunto ao propio Kukas como marionetistas. Da parte técnica encargase Fili Cabaleiro. As marionetas e escenografía foron construídas por Kukas, Seara e Isabel Rey.

Os concertos serán na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia os días 21,22 e 23 de outubro en sesións matinais dirixidos a escolares e o sábado 24 de outubro ás 19,00 para público familiar.

 

Camiñaron connosco

Grazas a todos colegas, compañeiros, amigos, institucións e público en xeral que dun ou doutro xeito tedes colaborado connosco nestes anos porque sen vos non tería sido posible a nosa andaina.

Kukas e Isabel      

  Ler máis...

Máscaras para o Festival de Mérida

                          Un ano máis Kukas Producións Artísticas colabora coa compañía de teatro Guirigai na elaboración das máscaras e atrezzo do seu último espectáculo, O Satiricón , dirixido por Agustín Iglesias, nunha producción de Guirigai para o Festival de Teatro de Mérida.

TITIRICUENCA homenaxeou a Kukas e Isabel Rey

Kukas e Isabel Rey forón homenaxeados xunto a Felipe Orduño de Euskadi no Encontro con Titiriteiros que se celebrarón os días 13 e 14 de xuño do 2009 dentro das actividades programadas no Festival de Títeres TITIRICUENCA,

Dende esta páxina queremos agradecer a Unima de Castilla la Mancha e o seu presidente Angel Suarez Herranz e a organización de TITIRICUENCA por este recoñecemento ó noso traballo ó longo de todos este anos.

Grazas.

30 Aniversario

Neste ano 2009 queremos compartir con todos os amigos, colegas e afeccionados ó teatro de monicreques o trinta aniversario da creación da nosa compañía.                                                             

Un  4 de marzo do ano 1979  5 amigos, Rosa e Isabel Rey, Jacobo Remuñan, Xosé M. Botana e Marcelino de Santiago “Kukas”, presentan por primeira vez a obra  Fabanola e o Televexo na Feira do queixo de Arzúa que supón o comezo do teatro de títeres contemporáneo en Galicia.                                               

Ler máis...

Unidades didácticas de Sen Título 4x8x6

Poñemos a disposición dos centros escolares interesados as unidades didácticadas dirixidas ós escolares de Primaria e de ESO  en documentos PDF adxuntos.

No FETEN dixeron de .....Sen Título 4x8x6

Marcelino de Santiago, más conocido como Kukas, es uno de estos personajes singulares de la rica Galicia y en concreto de Santiago de Compostela. Artista polifacético, pintor-escultor- fotografo - marionetista, introdujo todos estos elementos en un espectáculo, Sin titulo 4x8x6 (técnica mixta sobre escenario) sobre el proceso de creación interpretado por el mismo ayudado por tres actores-manipuladores. Os Monicreques de Kukas, alterna tópicos con ideas originales en un espectáculo indiscutiblemente vistoso y rico visualmente y divertido y didáctico.

Ferran Baile en cyberpadres.com (marzo 2008)

Distribuir contido