Espectáculos en repertorio 2009

Un agasallo para Xaquín

Rede Galega Teatros e Auditorios/ Programa Títeres Provincia A Coruña.  

Espectáculo creado a proposta do Instituto Galego de Consumo e dirixido ó publico infantil e familiar, e no que se conta a historia de Xaquín un neno consumista e solitario que só se alimenta so de larpeiradas ata que no día do seu aniversario vive un pesadelo que lle fará reflexionar sobre a súa actitude cambiando os seus hábitos de consumo. 1.500 €

30 Aniversario

Neste ano 2009 queremos compartir con todos os amigos, colegas e afeccionados ó teatro de monicreques o trinta aniversario da creación da nosa compañía.                                                             

Un  4 de marzo do ano 1979  5 amigos, Rosa e Isabel Rey, Jacobo Remuñan, Xosé M.

Calendario de actuacións

 

Información detallada dos espectáculos en repertorio

Espectáculos a vosa disposición para á tempada 2009

A Compañía

Kukas Produccións Artísticas S.L. é unha empresa adicada o deseño e realización de escenografías, atrezzos, figurinos, carteles e programas, máscaras, cabezudos e marionetas para teatro, cine e televisión. Baixo a marca Os Monicreques de Kukas produce e distribúe espectáculos de teatro con actores e monicreques.

Camiñaron connosco

Grazas a todos colegas, compañeiros, amigos, institucións e público en xeral que dun ou doutro xeito tedes colaborado connosco nestes anos porque sen vos non tería sido posible a nosa andaina.

Kukas e Isabel      

 

Máscaras para o Festival de Mérida

Un ano máis Kukas Producións Artísticas colabora coa compañía de teatro Guirigai na elaboración das máscaras e atrezzo do seu último espectáculo, O Satiricón , dirixido por Agustín Iglesias, nunha producción de Guirigai para o Festival de Teatro de Mérida.

RECORTES DE PRENSA

TITIRICUENCA vai a homenaxear a Kukas e Isabel Rey

Kukas e Isabel Rey serán homenaxeados xunto a Felipe Orduño de Euskadi no Encontro con Titiriteiros que se celebrarán os días 13 e 14 de xuño do 2009 dentro das actividades programadas no Festival de Títeres TITIRICUENCA,

Dende esta páxina queremos agradecer a Unima de Castilla la Mancha e o seu presidente Angel Suarez Herranz e a organización de TITIRICUENCA por este recoñecemento ó noso traballo ó longo de todos este anos.

Grazas.

Se queres vernos actuar no 2º trimestre do 2009 estaremos en....

7 Contos capitais (Historias para pícaros adultos)

1 de maio. Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. 20,30

14 de maio. Auditorio Municipal de Ourense. 20,30

21 de maio. Auditorio Municipal de Cuenca 

Un agasallo paraXaquín

8 de maio. Casa da Cultura de Boiro. 20,00

29 de maio. Casa da Cultura de sada. 18,00

Sen Título 4x8x6 (Técnica mixta sobre escenario)

23 de abril. Centro Municipal Pumarín - Gijón sur de Xixón

Contos do Vento acatarrado

 11 de xuño. Auditorio Municipal de Cuenca. 12,00 e 18,30

19 de xuño. Praza de Macías o namorado. Padrón. 21,00

Distribuir contido